Nome da compañía: El Espejo Negro
Procedencia: Málaga - Andalucía
Título do espectáculo: La Vida de un Piojo llamado Matías
Técnica: Mixta
Idioma: Castelán
Duración: 60 minutos
Idades recomendadas: A partir de 6 anos
Nacido na caluga dun maquinista, Matías aprende dende os seus primeiros pasos que un piollo sempre debe andar cos ollos ben abertos.
Deseguida ten que facer fronte ás inundacións xabonosas e ás fregas con que a man do xigante humano quere expulsalo, ou buscar refuxio ante un peite ou o furacán dun secador. Un día, a súa amiga anímao a buscar os mananciais próximos a esa montaña vertical que é a orella, pero, pequenos incautos, caerán prisioneiros da malvada raíña da caspa, e veranse condenados a traballos forzados. De aventura en aventura, a vida de Matías é un divertido relato de iniciación dende o seu orixinal e diminuto punto de vista.
“A vida dun piollo chamado Matías” é a montaxe perfecta para activar as neuronas do máis despistado dos nosos pequenos espectadores.