Teatro Arbolé

“Los Ibeyis y el Diablo”

7, 8, 9 y 10 de Outubro

Los Ibeyis y el Diablo Nome da compañía: Teatro Arbolé
Procedencia: Zaragoza - Aragón
Título do espectáculo: Los Ibeyis y el Diablo
Técnica: Títeres e actores
Idioma: Castelán
Duración: 60 minutos
Idades recomendadas: A partir de 5 anos


Sinopse

Os pequenos Ibeyis son dous personaxes da tradición afrocubana, fillos de Changó, Deus do Raio, e Ochún, Raíña do Amor. Son os protagonistas dunha fábula onde vencen ó Demo.
Nesta fábula, os negros africanos teñen a translación mitolóxica do David que vence ó xigante dunha pedrada. A intelixencia, neste caso universal, que logra derrotar á forza bruta. Mentres Goliat cobra a figura do Demo, David represéntase nunha bifurcación enxeñosa, que propón a unión como garante da forza.