La Rana Sabia

“Los hijos del viento”

3 y 6 de Outubro

Los hijos del viento Nome da compañía: La Rana Sabia
Procedencia: Ecuador
Título do espectáculo: Los hijos del viento
Técnica: Teatro de mesa
Idioma: Castelán
Duración: 45 minutos
Idades recomendadas: A partir de 6 anos


Sinopse

En “Los hijos del viento” entrecrúzanse catro historias sobre pastores andinos, cheas de humor, mitos e poesía. "La oveja y la luna" móstranos de forma divertida como unha ovelliña perde a súa la por andar soa en noite de lúa. "La pastora y el cóndor" conta a historia dunha pastora que, a través do baile, busca a liberdade. "Los hijos del Chimborazo" é unha historia contada polos indíxenas do centro do país como unha alegación en contra da discriminación e o racismo. "La vaca loca" é unha fábula onde as infinitas posibilidades de soñar nos fan cuestionarnos os límites precisos entre realidade e fantasía.