Vagabundo Teatro de Títeres

“La fantasma de Cantervilla”

4 y 9 de Outubro

La fantasma de Cantervilla Nome da compañía: Vagabundo Teatro de Títeres
Procedencia: Chile
Título do espectáculo: La fantasma de Cantervilla
Técnica: Luva
Idioma: Castelán
Duración: 50 minutos
Idades recomendadas: A partir de 4 anos


Sinopsis

En Cantervilla atópase unha casa, ao parecer enmeigada, e estrañamente protexida por un garda con non moi boas intencións. Ao pobo chega Perico, un trashumante amante da liberdade e a boa mesa (cando pode) que, sen propoñérseo, se vai involucrando nos enredos do garda, a casa e unha estraña aparición. Entón Perico deberá enfrontarse ao maior dos obstáculos, o medo, ese que moitas veces nos enche de prexuízos ante o descoñecido.
Nesta historia facemos un convite tanto a nenos e nenas coma aos adultos para reflexionar sobre a lealdade e a amizade, enfrontarse aos temores e descubrir o significado da liberdade; temas que transcenden ás xeracións e que se volven necesarios de recordar.