La Hormiga

“Garabato por un rato”

7 de Outubro

Garabato por un rato Nome da compañía: La Hormiga
Procedencia: Rosario - Arxentina
Título do espectáculo: Garabato por un rato
Técnica: Títeres de mesa, manipulación directa, teatro de sombras
Idioma: Castelán
Duración: 45 minutos
Idades recomendadas: A partir de 3 anos


Sinopsis

Tres personaxes moi singulares son veciños. Non obstante cada un vive no seu propio mundo e moléstalle moito calquera intromisión dos outros. Un día chega un descoñecido, Garabato, que non ten escrúpulos en causar disturbios e en apropiarse dos queridos obxectos dos da veciñanza.
Ao ver que a todos lles pasou o mesmo decátanse de que para recuperar o que lles pertence é necesario unirse. Descobren o bo que pode ser estar xuntos. Unha vez que vencen a Garabato as cousas entre os veciños xa non serán como antes.