Nome da compañía: Hilando Títeres
Procedencia: Madrid
Título do espectáculo: El árbol mágico
Técnica: Marionetas de fío
Idioma: Castelán
Duración: 60 minutos
Idades recomendadas: A partir de 5 anos
O mesmo día no que naceu no reino de Altaterra Val, o príncipe herdeiro, naceu en Bajaterra a pequena princesa Lena, ambos os dous á mesma hora! Ata ese momento os dous reinos vivían en paz e tranquilidade, case ignorándose os uns aos outros. Pero a fada Picatoste, fada madriña dos novos príncipes, complica todo coa súa xuventude e inexperiencia. Picatoste regala ao seu afillado Val unha árbore da que se poden obter froitos sen fin, ao mesmo tempo fai entrega á súa pequena afillada Lena dunha regadeira moi especial...