Nome da compañía: Marionetas, Actores & Objectos
Procedencia: Viana do Castelo - Portugal
Título do espectáculo: Caramuru, O Herói Vianense
Técnica: Mixta
Idioma: Portugués
Duración: 50 minutos
Idades recomendadas: A partir de 4 anos
Caramuru foi un heroe vianense que se converteu nun deus por casualidade.
Un heroe porque tivo a coraxe de participar nunha aventura que, naquel tempo, non estaba ao alcance que calquera: os "achamentos" portugueses do século XVI. E tivo enxeño para conseguir sobrevivir e ter éxito en circunstancias moi difíciles.
Converteuse nun deus porque a súa presenza, e o que consigo levaba, foron auténticos milagres para aqueles cos que se encontrou. E conseguiu amar e ser amado. Viviu unha historia de amor cunha bela india, Paraguaçu, unha historia sobre a tolerancia e a paz. Unha paz que foi tamén unha conquista. Unha historia chea de aventura, traxedia, drama, romance, acción e moita música, ritmo e diversión!