Nome da compañía: El Retrete de Dorian Gray
Procedencia: Cataluña
Título do espectáculo: Calle Aire
Técnica: Títere de globo
Idioma: Sen palabras
Duración: 60 minutos
Idades recomendadas: Tódolos públicos
O aire coma obxecto de manipulación.
Unha marioneta de curta vida creada ante os ollos do espectador.
No escenario, outro escenario máis pequeno: unha mesa de manipulación chea de resortes luminosos e sonoros. Dous titiriteiros que guían a viaxe.
Unha aposta pola poética do sinxelo, por unha linguaxe visual limpa. Un idioma sen palabras.
O Retrete de Dorian Gray afronta a súa segunda creación de gran formato inventando unha nova técnica manipulativa, o monicreque construído con globos. Que vostede o goce.