Oferta de formación Galicreques 2009

Mátricula y formularios de inscripción

Construcción de títeres de luva en tea

Impartido por: Francisco García del Águila
(Discípulo de Jim Helson, creador de Barrio Sésamo.
Compañía Títeres Mageritt. Madrid)
Duración: 20 horas
Datas: do 5 ao 9 de outubro de 2009
Horario: de 10:00 a 14:00 horas
Lugar: Federación Itaca (Santiago de Compostela)
Prezo: 100 € (material incluido)
Prezo reducido (socios de UNIMA): 75 € (material incluido)
Prazas: 15 persoas

Contidos


Talla en gomaespuma: Títere de boca

Impartido por: Marcelo Fernández (Compañía Los Bufones. Argentina)
Duración: 20 horas
Datas: do 5 ao 9 de outubro de 2009
Horario: de 16:00 a 20:00 horas
Lugar: Federación Itaca (Santiago de Compostela)
Prezo: 100 € (material incluido)
Prezo reducido (socios de UNIMA): 75 € (material incluido)
Prazas: 15 persoas

Contidos

Este curso xorde pola necesidade de transmitir anos de experiencia no traballo co material da gomaespuma.
Os obxectivos principais son evitar a frustración que supón o intento de elaborar un monicreque sen a técnica axeitada, aprender a correcta forma de tallar o monicreque, conseguir que a boca do boneco sexa funcional, que ao manipulalo non queden ao descuberto os dedos do titiriteiro e evitar posibles contracturas nos tendóns da man.
Por outra parte, poñerase atención ao tipo de pintura a utilizar para que o material non perda elasticidade e obteñamos un monicreque completamente eficaz, tanto mecanicamente coma esteticamente.


Música e movemento para titiriteiros e actores

Impartido por: Rubén Ramos. Titular da cátedra de Rítmica (Dpto. de Artes dramáticas. Instituto Universitario Nacional del Arte. Buenos Aires)
Duración: 17 horas
Datas: do 5 ao 9 de outubro de 2009
Horario: de 16:00 a 19:30 horas
Lugar: Centro Sociocultural de Fontiñas (Santiago de Compostela)
Prezo: 100 € (material incluido)
Prezo reducido (socios de UNIMA): 75 € (material incluido)
Prazas: 15 personas

Contidos

O traballo do intérprete sobre o escenario está composto por accións variadas en tempo, amplitude, dirección e forza. Debe atopar o ritmo que conveña á tarefa escénica, ao seu contido e obxectivos, e que corresponda á individualidade da súa interpretación. Iso significa que lle é indispensable ser capaz de manexar o seu comportamento rítmico e sometelo ás esixencias das circunstancias que lle sexan propostas. Para iso, deberá posuír e controlar os seus movementos e accións no tempo e no espazo. A través do curso, traballarase a toma de conciencia do desenvolvemento do sentido musical e a elaboración de estratexias para a aplicación dos contidos estudados na actividade cotiá dos participantes.



Matrícula

Formulario de inscripción en castellano
Documento de Word
Documento de Word. Castellano (73 Kb)

Formulario de inscrición en galego
Documento de Word
Documento de Word. Galego (73 Kb)